CSS Working Group Developers Meetup

Xoves, 16 Xaneiro 2020

O próximo xoves 23 de xaneiro, en horario de 19.30 a 21.00, terá lugar no Centro Cívico Cidade Vella (Rúa de Veeduría, 2 – A Coruña) un meetup do CSS Working Group coa comunidade local de desenvolvemento web, organizado por GPUL.

CSS Working Group

O CSS Working Group (grupo de persoas involucradas na definición da linguaxe CSS, é un grupo de traballo creado polo Consorcio World Wide Web (W3C) en 1997, para abordar cuestións que non foran abordadas co nivel 1 de CSS) vai estar na Coruña organizando unha das súas reunións presenciais na oficina de Igalia, entre os días 22 e 24 de xaneiro.

Os obxectivos deste meetup son por unha banda que o CSS Working Group teña a oportunidade de coñecer a comunidade local de desenvolvemento web e por outra, compartir como se organizan e como se pode contribuír e colaborar con eles.

Charlas

– “Getting Browser Bugs Fixed” Alan Stearns
– “Who Designed This? Where Web Platform features come from, and how to get involved” Rachel Andrew
– “Line Breaking. Controlling Line Breaking with CSS” Florian Rivoal
– “Finessing forced-colors: tailoring the High Contrast experience”
Rossen Atanassov

GPUL


GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria que busca difundir o Software Libre e a Cultura libre en Xeral.

Máis información na páxina do meetup

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal