OpenUK, a Fundación Europea do Software Libre (FSFE), OpusUV e Public Money/Public Code veñen de lanzar o directorio de código público. Este directorio trátase dun repositorio distribuído e federado onde se poden atopar proxectos libres financiados con orzamento público de calquera parte do mundo.

A iniciativa xorde para darlle un punto común a todo ese software que se está desenvolvendo grazas á contribución da cidadanía mediante os seus impostos e que pretende dar unha maior visibilidade a eses proxectos que aínda que inicialmente se desenvolveron con un enfoque local poden ter un impacto global debido á súa licenza libre e ao súa reutilización posible.

Dende a páxina web do directorio tamén explican como se pode solicitar a inclusión de proxectos no mesmo, tanto dende o punto de vista técnico coma non técnico.

Pin It on Pinterest

Share This