CoruñaHacks volve este ano 2020 con 3 novos hackatóns, mantendo a intensidade da última edición. Un sábado ao mes xuntarase a xente para desenvolver proxectos libres cun obxectivo claro: presentar unha versión funcional ao final do 3º hackathon, aló polo mes de maio.

A primeira edición terá lugar o sábado, 14 de marzo de 2020, en horario de10:00 a 20:00 horas, no Centro Ágora (Av. Gramela, 17 – A Coruña). No primeiro hackathon poranse en común as ideas e tras un pequeno almorzo, faranse equipos mentres se escollen os proxectos máis interesantes para traballar en eles durante todo o día.

Coruña Hacks

Iniciativa impulsada por GPUL, Coruña Developers e Árticos, son unha serie de hackathons regulares nos que desenvolver proxectos baseados en software e hardware libre.

Pensado para as persoas con ganas de experimentar coas tecnoloxías, informáticos de todo tipo e tamén para persoas relacionadas co hardware libre e o mundo maker.

O obxectivo é crear un espacio de traballo periódico no que evolucionar os nosos proxectos a modo de hackathon recurrente no tempo pero sempre cun obxectivo claro, poñer un prototipo a funcionar antes do terceiro evento.

Buscamos programadoras/es e deseñadores/as que traballarán a contra-reloxo durante estas 3 xornadas nos proxectos. E por suposto, os mellores proxectos terán premio!

Se queres estar informado, podes unirte ao Slack que será o centro de comunicación da comunidade: https://bit.ly/39mZftr

Coruña miniHacks

Coruña miniHacks tamén está de volta. Nesta edición tamén haberá en paralelo unha versión para as cativas e cativos da casa.

Serie de 3 eventos para a rapazada de entre 8 e 16 anos, onde formarán equipos e tras unha treboada de ideas aprenderemos a desenvolver un proxecto real. Usarán Scratch para programar e, ademais, este ano inclúese unha pequena introdución á electrónica, para poder facer proxectos e xogos cun compoñente físico.

Que teño que saber?

Se xa utilizaches algunha vez Scratch, daquela seguramente xa o tes controlado, se non, faremos o primeiro día unha pequena introdución ou, aínda mellor, podes acceder á páxina de https://scratch.mit.edu/ e facer os titoriais na túa casa para chegar a tope ao evento.

Se os equipos así o deciden tamén poden utilizar outras linguaxes ou ferramentas de software ou hardware libre como Python, Arduinos, Raspberry Pi, etc.

As rapazas e rapaces teñen que traer o seu propio ordenador portatil.

Como é a dinámica?

O primeiro día os equipos decidirán a idea na que desexan traballar. O fío condutor será construír algo que axude a mellorar a súa cidade ou contorna. O resultado final será software e hardware libre que poderán compartir coas compañeiras e compañeiros e co mundo enteiro.

Os equipos formados seguirán dando forma á súa idea durante os 3 sábados de miniHacks (aínda que non é obrigado asistir a todas as sesións podendo colaborar na medida das posibilidades de cadaquén).

Ademáis, haberá premios na gala final para recoñecer a súa orixinalidade e traballo en equipo.

Podes atopar toda a información en https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-minihacks-2020-97993580437

Colaboradores e patrocinadores

Máis información na web oficial e no meetup

Pin It on Pinterest

Share This