Mozilla suma a K-9 para que Thunderbird teña versión móbil. Thunderbird é o cliente de correo electrónico libre que está instalado en gran parte das distribucións GNU/Linux.

K-9 Mail

Cliente de software libre para dispositivos móbiles enfocado en facilitar a lectura de grandes volumes de correo electrónico. Funciona co protocolo IMAP e ten soporte para cifrado GPG. Pode traballar con múltiples contas e posúe unha caixa de entrada unificada.

A versión móbil de Thunderbird construirase sobre a aplicación K-9 Mail. O mantedor do proxecto, Christian Ketterer, unirase ao persoal de Thunderbird. K-9 Mail cambiará o seu nome a Thunderbird.

Todas as doazóns que antes ían a K-9 agora irán ao proxecto Thunderbird. O repositorio de código fonte trasladarase á organización de Thunderbird en GitHub. A aplicación en Google Play trasladarase a unha conta de editor diferente. O foro podería combinarse co que Thunderbird utiliza para a aplicación de escritorio.

Pin It on Pinterest

Share This