Esta fin de semana, desde o venres ata o domingo, a xente de Amigus Labs continúan coas súas actividades chamadas Amigus Labs • Maker 19.2, traballando nos prototipos para participar na IV Regata Solar que se celebrará o 22 de xuño en Baiona, e está organizada por Marine Instruments.


Estarán de novo na Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes, desde o venres pola noite de 21.00 a 00.00, montando a electrónica do barco solar e dándolle os últimos axustes, para o sábado se o tempo o permite ir ás 10.00 ao lago para facer as primeiras probas de navegación e acabar de optimizar a electrónica e mecánica do prototipo.


Tamén aproveitarán para facelas primeiras probas coa telemetría, analizar o rendemento e a eficiencia da placa solar e ver o comportamento coas distintas mecánicas que prepararon.

O sábado pola tarde de 16.00 a 20.00, volverán ao Conservatorio para acabar de montar a electrónica do coche solar, e facer probas de rendemento con el.


O domingo pola mañá farán os primeiros tests de velocidade na pista do poboado.

Máis información na súa web.

Pin It on Pinterest

Share This