Consul a aplicación de Decide Madrid xa está publicada no CTT

Martes, 13 Decembro 2016

O concello de Madrid liberou a aplicación Consul grazas á cal despregouse o portal de Goberno Aberto decide Madrid.

O proxecto é Software Libre e liberouse baixo os termos da licenza AGPLv3, é dicir calquera pode libremente usar o código, copialo, auditalo, modificalo e redistribuílo coas modificacións que desexe sempre e cando manteña as mesmas liberdades para terceiros.

A aplicación pódese adaptar a un estilo e imaxe particular e configurala de xeito doado para que se adapte ao que se necesite. O seu deseño responsive permite utilizala sen maiores problemas en navegadores web, tablets e smartphones.

Á sua vez, creouse un portal onde se recolle información acerca da aplicación Consul, dende onde se ofrece axuda de como configuralo e poñelo en funcionamento sen ningunha dificultade técnica, organizativa ou legal que cause problemas.

O código fonte do proxecto encoótrase dispoñible a través de seu repositorio en Github e para os interesados en máis información no referente á solución poden obtela na propia web de Decide Madrid do Centro de Transferencia Tecnolóxica.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal