O pasado 1 de agosto celebrouse a asamblea xeral constituínte de AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre), durante a cal se elixíu xunta directiva e se aprobaron os seus estatutos. Os obxectivos desta iniciativa son:
  • Promocionar o Software Libre coma ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Servir de interlocutor ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
  • Fomentar e artellar a colaboración entre os seus socios, facilitando a xeración de novas oportunidades de negocio.

AGASOL nace con 12 empresas asociadas: Aitire, Allenta, Bora Telecom, Igalia, Imagos, Inforede, Pexego, Redegal, Signo, Tegnix, Ultreia Comunicaciones e Wireless Galicia. No mes de setembro será presentada a súa web e seleccionarase o seu xerente.

Fonte.- Blogue de Javier Vázquez.

 

Pin It on Pinterest

Share This