A edición do 2020 de esLibre celebrarase en formato en liña o 18 e 19 de setembro, transmitindo desde a Universidad Rey Juan Carlos gracias ao interés mostrado pola Oficina de Conocimiento y Cultura Libres (OfiLibre da URJC).

esLibre

esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, enfocado a compartir coñecemento e experiencia ao redor das mesmas.

Desde a OfiLibre da URJC contan que están interesados en promover o coñecemento do software libre, como unha parte moi importante da cultura libre, e intentar recuperar a tradición da URJC de organizar eventos relacionados con software libre, en cuxo contexto se organizou, hai xa moitos anos, un dos últimos Congresos de Hispalinux.

Ademais, dado que os intereses da OfiLibre inclúen a cultura libre en xeral, e tendo en conta que moitas das persoas interesadas en software libre estano tamén na cultura libre, van aproveitar a oportunidade para abrir esLibre ao mundo máis amplo da cultura libre, sen perder por iso a súa principal razón de ser.

Wikimedia España participa colaborando na organización dunha sesión específica sobre cultura libre.

O formato de evento que se propón está composto de:
– Sesións plenarias. Presentacións de relevancia especial, orientadas a todos os asistentes.
– Sesións paralelas. Presentacións especializadas, agrupadas temáticamente en “salas” (devrooms).

– Talleres.
– Mesas de comunidade.

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This