Conexiona Telecom lanza un software de teletraballo en software libre

Venres, 18 Decembro 2009

A empresa Conexiona Telecom, que desenvolve a súa actividade na Tecnópole acaba de lanzar ao mercado o primeiro paquete integral de solucións para teletraballo baseada nunha plataforma de software libre. Ademais de probalo con varios clientes de toda España, a empresa xa está negociando cun grupo de telecomunicacións de ámbito estatal interesado na distribución en exclusiva do produto.

Con este produto Conexiona pon no mercado o resultado dun proxecto de innovación que continuará desenvolvendo para mantelo actualizado.

A aplicación permitirá traballar desde o domicilio co mesmo acceso ás comunicacións e información que se ten na oficina, desde a telefonía -tanto móbil como fixa- hasta as bases de datos e tamén a videoconferencia. Ademais desde a empresa aseguran que esta solución de teletraballo podería supoñer un gran aforro de custes para as empresas a moitos niveis.
Fonte:
http://www.lavozdegalicia.es/

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal