O venres 20 de 10:00 a 10:45 terá lugar unha sesión demostradora arredor da solución Taiga. Taiga é unha ferramenta de software libre que axuda á xestión de proxectos.

 

A sesión, titulado “Coñece Taiga. A ferramenta de xestión de proxectos áxiles de software libre”, está enmarcado dentro da serie de eventos na que teñen lugar as sesións demostradoras que organiza o CDTIC (Centro Demostrador TIC de Galicia) para dar a coñecer distintas solucións tecnolóxicas.
A sesión vai dirixida a empresas emerxentes e tamén a profesionais que se dedican ao desenvolvemento ou deseñadores e a todas as interesadas nas metodoloxías áxiles.

Neste caso, a sesión contará coa participación da empresa Kaleidos, que presentará a ferramenta seguindo o seguinte programa:

  • Por que tivemos que crear Taiga?
  • Módulo KANBAN
  • Módulo SCRUM
  • Módulo ISSUES
  • Opcións de personalización
  • Opcións de integración
  • Exclusiva da próxima versión Taiga6

 

Máis información na web do evento:
https://cdtic.xunta.gal/taiga

Pin It on Pinterest

Share This