O vindeiro martes 16 de setembro o CDTIC acollerá un novo seminario sobre “Xestión documental con software libre” . Desenvolverase na aula de formación do CDTIC en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Logotipo de gold partner de AlfrescoA través deste seminario, de carácter eminente práctico,  os asistentes coñecerán da man de expertos en Alfresco, que é a xestión documental e os seus beneficios e vantaxes para a empresa, cales son os criterios de selección dun sistema de xestión documental e dun provedor e cales son as diferentes alternativas de xestión documental que existen en software libre. O seminario correrá a cargo da consultora Queres Tecnologías, empresa que proporciona servizos de consultoría e integración de sistemas e especializada en solucións de xestión de contido empresarial.

Os interesados en asistir a este seminario deben inscribirse a través do espazo de usuario do portal do CDTIC.

O programa será o seguinte:

  • Que é a xestión documental? Que achega á miña empresa?
  • Demo: Alfresco Share – colaboración e interface
  • Criterios de selección dun DMS e un provedor
  • Alternativas de xestión documental en software libre
  • Demo: xestión de documentación de expedientes empregados
  • Demo: firma de documentación
  • Demo: dixitalización intelixente con Ephesoft
  • Preguntas e respostas

A xornada está destinada a profesionais autónomos, así como a persoal directivo ou xestor de micro, pequenas e medianas empresas. Os encargados de impartilo serán Víctor Fariña, cofundador de a consultora Queres Tecnologías, con experiencia na optimización de procesos de negocio e especializado en xestión documental con Alfresco, consultoría móbil e consultoría Alfresco; e Isis Edreira, graduada en Enxeñería Informática con experiencia como consultora TIC e como analista programadora.

Este seminario forma parte da oferta formativa en software libre no CDTIC dentro do Plan de Acción en materia de Software Libre 2014.

Pin It on Pinterest

Share This