Coñece a solución para a xestión empresarial Odoo no CDTIC

Mércores, 16 Setembro 2020

O próximo 25 de setembro, entre as 10.00 e as 10.45 horas, terá lugar unha demostración en liña de Odoo (software de xestión avanzado, na nube e que facilite a comunicación entre os compañeiros) no CDTIC.

Odoo

Odoo posibilita todo isto a través dunha xestión empresarial completa pero ao mesmo tempo sinxela e intuitiva, aforrando tempo de xestión e sobre todo facilitando o acceso a información de todas as áreas do negocio de forma integrada.

Ademais, contando cunha empresa próxima e con experiencia o éxito está garantido, mantendo uns custos moderados. En comparación con outros softwares privativos, Odoo proporciona unha cobertura funcional completa cun custo de implantación, operación e mantemento moito máis reducido.

Actividade pensada para pemes e emprendedores que queren modernizar a súa xestión, e ter acceso a toda a información da súa operativa.

Programa

Presentación de Sinerkia Innovación y Desarrollo:
– Quen somos
– Que facemos
– Que é Odoo
– Open source
– Demostración práctica Odoo
– Caso práctico da realización dunha compra, venda, xestión do stock e a súa facturación.
– Estudo do balance de custo e beneficio dun proxecto relacionado co caso anterior.
– Xestión de control de entrada e saída Xeolocalizada orientado ao Teletraballo e fora da oficina.
– Conclusións

Organizan

Amtega e Sinerkia ID.

Sinerkia Innovación y Desarrollo é unha empresa tecnolóxica galega que nace no 2016, co obxectivo de ofrecer solucións de xestión, modernas e de gran calidade, ás pemes. Dende o inicio apoiamos o software libre e nos especializamos no ERP Odoo, implantandoo en todo tipo de negocios e empresas, facendo as adaptacións precisas en cada caso.

Inscrición

Podes inscribirte a través desta ligazón.

Máis información na web do CDTIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal