Existen varios proxectos de computación en malla (Grid Computing) e computación voluntaria (Voluntary Computing) baseados en Software Libre e Código Aberto, que están a traballar para loitar contra o COVID-19:

BOINC (asociado a investigacións científicas, públicas e privadas, en universidades e laboratorios).

Folding@home (centrado na investigación de enfermidades e proteínas). Uniuse na loita contra o COVID-19.

Rosetta@home (centrado na predición e determinación das formas tridimensionales das proteínas). Foi usado xa para axudar a predicir con precisión a estrutura a escala atómica dunha importante proteína do Coronavirus 19, semanas antes de que puidese ser medida no laboratorio.

Pin It on Pinterest

Share This