http://www.mancomun.org/images/stories/odf.png A importancia dun estándar aberto para o traballo con documentos ofimáticos é de vital. ODF foi o primeiro en responder a esta necesidade, e agora Microsoft está a propoñer a súa especificación OOXML.

Aberta a contenda por ver cal se fai o estándar predominante publicouse unha versión previa do que será o libro branco (white paper) onde se amosan as diferencias técnicas entre o formato ODF é OOXML. Neste documento só se comparan as cuestións técnicas das especificacións, outras cuestións coma a propiedade intelectual ou cuestións legais non están reflectidas no documento.

Tras unha introdución histórica das especificacións, no documento vanse detallando mediante exemplos as diferenzas existentes entre os dous formatos para finalizar coas conclusións correspondentes.

Sirva como mostra un dos exemplos empregados no documento no que se explica a sintaxe empregada para almacenar un texto nunha cela dunha folla de cálculo.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/sheet.png

As conclusións do informe técnico son bastante claras:
  • ODF foi creado empregando estándares existentes tendo en conta a interoperabilidade, facendo consultas a moitas empresas do sector e dando tempo ao deseño ata alcanzar un consenso. O feito de empregar estándares existentes xa no mercado fai posible a posta en execución por unha grande cantidade de produtos de oficina, e a lista segue medrando.
  • OOXML foi deseñado por un só vendedor (Microsoft) sen a consulta ou a participación pública doutras empresas. Foi deseñado para coexistir cos seus formatos herdados empregando os seus propios produtos.
  • ODF ten funcionalidades para manexar as peculiaridades dos formatos Microsoft. Sen embargo OOXML no seu estado actual non pode traballar con outros documentos que non sexan os propios de Microsoft Office.
  • Un estándar que non se pode poñer en execución por todas as partes ou que obstaculiza a interoperabilidade non é viable (non é un estándar).
  • Na opinión do autor do estudo as particularidades de Microsoft en OOXML xunto co feito de que a especificación teña arredor de 6000 páxinas obstaculizarían grandemente a capacidade doutras partes de desenvolver os seus produtos totalmente empregando este formato, chegando ata o punto de facer practicamente imposible traballar coma un estándar universal.

O documento está dispoñible en formatos PDF e ODT.

Pin It on Pinterest

Share This