A principios de mes foi liberado Bash 5. Bash é o interprete de comandos por excelencia no mundo GNU/Linux. A parte das correccións de fallos a maior parte das novidades son encamiñadas a usuarios avanzados como por exemplo as relativas ás variábeis EPOCHSECONDS, EPOCHREALTIME, BASH_ARGV0, ao comando wait… Pode atoparse información máis completa sobre as novidades da versión no correo do anuncio da mesma.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
