Comeza o XGN10 con gran presenza do software libre

Venres, 26 Marzo 2010

Como xa informamos a semana pasada, hoxe abre as súas portas a undécima edición do Xuventude Galicia Net.

Benvidos ao XGN10

Serán tres días cargados de actividades, obradoiros .. no que o software libre terá unha forte presencia grazas ao esforzo e traballo dos membros dalgunhas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre que ofrecerán varios obradoiros de software libre, dos que xa falamos. Finalmente tamén atenderán un stand na Extranet, en colaboración co persoal da Oficina de Software Libre da USC, dende o que difundirán e amosarán as capacidades do software libre a todo o público que pase por alí.

Os obradoiros de software libre gratuitos e abertos a todo o público que haberá neste días, cos seus horarios, son os seguintes:

Venres 26 de marzo:

16:00 horas

  • Obradoiro: Deseño gráfico con software libre : InkScape
  • Obradoiro: Demostración pública do uso del DNI-e con Software Libre

18:00 horas

  • Obradoiro: A experiencia de GRUVI e GALPon MiniNo dous anos despois

20:00 horas

  • Obradoiro: Internacionalización i18n

….
Sábado 27 de marzo:

10:00 horas

  • Obradoiro: Taller de autoedición con software libre: Scribus

16:00 horas

  • Obradoiro: OpenSSH

18:00 horas

  • Obradoiro: OpenNeMaS – Sistema de Xestión de Novas

20:00 horas

  • Obradoiro: Virtualización: VirtualBox

Document Freedom Day 2010 A OSL da USC, informa na súa web, que ademais de participar no XGN montando un Punto de Información na XGN (PIX) similar aos Puntos de Información nas Facultades (PIF) que levou a cabo o ano pasado polas facultades da universidade, aproveita para sumarse ás celebracións do Document Freedom Day do próximo día 31 de Marzo traducindo ao castelán os trípticos formativos (boas prácticas e estándares abertos) que formaron parte do material elaborado para a campaña pública dos PIF do ano pasado.

Estes trípticos están dispoñibles para descargar dende a web da OSL tanto en formato PDF como as fontes SVGZ :

O obxectivo do III Día da Liberdade dos Documentos é coordinar equipos locais de todo o mundo onde participan milleiros de persoas e entidades co fin de fomentar entre a poboación o uso de formatos estandarizados, libres e abertos e que garantan a interoperabilidade.

Fonte: Xuventude Galicia Net e OSL da USC

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal