Dispoñible Collabora Online 4.2 da empresa Collabora Productivity, (construída sobre a base de Collabora Office 6.2, implementación para escritorio de LibreOffice da mesma empresa).

Novidades destacadas:
Nova aparencia, melloras na experiencia con dispositivos móbiles, mellor interoperabilidade, novos cadros de diálogo e novas funcionalidades para o traballo na nube.

Barra de estado redeseñada, barras de ferramentas melloradas e un asistente de funcións dispoñible en Calc online.

Copiado e pegado enriquecido de imaxes, gráficos e outros elementos, entre distintos tipos de documentos. Mellora no manexo de imaxes en todos os tipos de documentos.

A edición colaborativa tamén foi mellorada.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This