Por segundo ano consecutivo, AGASOL e a Amtega organizan na Cidade da Cultura a xornada ColaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta segunda edición, a xornada centrarase en colaboración co eido rural. Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as súas experiencias, tanto do que se ten feito como do que se pode facer.

O lema deste ano é Co sector rural galego, porque o software libre ten moito que aportar ao agro e sector rural galegos. A xornada celébrase o vindeiro venres 16 de xuño na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.

Contarase coa participación de profesionais e experiencias como AGASOL, Fran Quiroga, Granxa Familiar, ICARTO, EFA Galicia, QGIS, Librebit, Galirema, Adegas Lagar de Costa, a Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCCMM) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA)

De xeito similar ao ano pasado a xornada dividise en dúas partes, unha primeira na que se presentarán iniciativas de interese relacionadas coa conexión do mundo rural e as tecnoloxías abertas. Trátase de presentacións por parte de representantes de experiencias concretas onde o software libre forma parte dunha iniciativa, proxecto, empresa do eido rural.

E unha segunda parte, denominada Sesión conecta, na que o obxectivo é coñecer como traballan empresas/axentes do eido rural e como o software libre pode aportar solucións e melloras nas mesmas. É dicir, hai moitas explotacións, asociacións, etc que non utilizan o software libre, xeralmente por descoñecemento, e con esta sesión trátase de que descubran as tecnoloxías abertas a través de “conexións en directo”.

A xornada desenvolverase de 9:30 a 14:00 horas habendo posteriormente un xantar-networking para as persoas inscritas. A xornada é totalmente gratuíta, sendo preciso soamente cubrir o formulario de formulario de inscrición.

O programa completo da xornada é o seguinte:

9:30-9:45 – Acreditación e benvida.

9:45-11:30 – O AGRO LIBRE PASA POLAS TECNOLOXÍAS ABERTAS

Representantes de experiencias concretas falarán de como o software libre forma parte dunha iniciativa, proxecto, empresa do eido rural; contando coa dinamización de Noa Orizales, experta en tecnoloxías abertas (Asociación Chamilo, Contidos Dixitais, etc)

Contaremos coa presenza de

  • FRANCISCO QUIROGA, licenciado en CC Políticas e forma parte da liña de traballo do procomún rural do Laboratorio do procomún no Medialab Prado, publicando artigos como “Desde la desarticulación al presente en los montes vecinales en mano común en Galicia”.
  • CARLOS FERRÁS, DE GRANXA FAMILIAR. É profesor na USC e fundador de Granxa Familiar, unha plataforma en software libre para a comercialización de produtos agrarios sen necesidade de intermediación de empresas distribuidoras.
  • PABLO SANXIAO, DE ICARTO. É socio fundador de iCarto, empresa especializada no uso e desenvolvemento de tecnoloxías de información xeográfica, na que dirixiu e participou en numerosos proxectos de aplicación destas tecnoloxías a diversos sectores tanto públicos como privados e a nivel nacional e internacional. Activista do software libre, ademais de iCarto, onde a filosofía empresarial xira ao redor do software libre, creou unha asociación para a difusión do software libre en Galicia, participou en diferentes comunidades como o proxecto gvSIG ou o capítulo hispano da Fundación OSGeo e é membro da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras.
  • JOSÉ MANUEL CAMPOS, DE AINFOGRA. Iniciativa da Federación EFA de Galicia, que ten como como piar fundamental a difusión, formación e desenvolvemento en Software Libre orientado ao Medio Rural. José Manuel Campos é o seu deseñador, e forma parte de EFA Galicia (Centros de Promoción Rural – Escolas Familiares Agrarias de Galicia)

11:30-11:45 – Presentación institucional

11:30-12:00 – Pausa café

12:00-14:00 – Sesión conecta

Neste espazo haberá tres experiencias do eido do software libre e tres experiencias do rural que contarán como traballan e por que, coa finalidade de identificar espazos de colaboración, sinerxías, etc. En definitiva, que o sector rural e as tecnoloxías abertas se coñezan un pouco máis.

Procedentes do rural:

Procedentes do software libre:

14:00-15:30 – Xantar networking

Pin It on Pinterest

Share This