Cloudera pásase ao código aberto

Xoves, 18 Xullo 2019

Cloudera (empresa de nube de datos empresariais que proporciona software baseado en Apache Hadoop, soporte, servizos e formación para grandes clientes) anunciou cambios na súa política de licenzas que farán que todos os seus produtos estean dispoñibles baixo termos de código aberto, adoptando o modelo de negocio de Hortonworks.

Aínda que Cloudera é un dos principais contribuíntes aos proxectos de código aberto, o seu negocio dunha década de antigüidade sempre foi o da venda de software con licenza.

Con este cambio buscan transformarse nunha plataforma aberta construída sobre código aberto.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal