Clonezilla, distribución GNU/Linux libre, orientada á clonación de discos e á xestión de imaxes de discos, presentou a súa versión 3. Versión maior baseada en Debian Sid, co kernel Linux 5.17 (co que conta cun bo soporte de hardware).

Novidades: engadiuse soporte para Apple File System (APFS), soporte para o cifrado de medios LUKS, agregouse un comprobador de memoria (memtester) no menú de arranque, implementación dun mellor mecanismo para comprobar se a táboa de particións é MBR ou GPT.

Incorporación das utilidades ‘wavemon’, ‘memtester’, ‘edac-utils’, ‘shc’ e ‘uml- utilities’ á variante en vivo, e varias traducións actualizadas, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This