Claws Mail é un xestor de correo electrónico e lector de novas baseado en GTK+. O proxecto naceu aló polo ano 2001, proveendo aos usuarios dunha interacción co correo electrónico con un deseño sinxelo e familiar.

A semana pasada publicouse a versión 3.15.1 dispoñible para descarga na propia páxina do proxecto.

Distribuida baixo licenza GPL conta con unha ampla colección de plugins para engadirmos funcionalidade ao funcionamento básico.

Pin It on Pinterest

Share This