Os vindeiros 24, 25 e 26 de novembro a Cidade da Cultura terá a honra de acoller a terceira edición da meirande feira de inventores a nivel mundial na súa edición galega, a Galicia Maker Faire.

Esta edición suporá a consolidación do evento como o máis importante neste eido a nivel estatal, tanto por cantidade de makers expoñendo os seus traballos así como en número de asistentes. O evento galego gaña tamén pulo a nivel Europeo, pois está entre os cinco con maior número de visitantes, preto de grandes cidades como Roma ou París.

Nas pasadas edicións, 2015 e 2016, máis de 24.000 asistentes e 300 makers escolleron Galicia como lugar onde expor e desfrutar de cantidade de proxectos levados adiante pola comunidade, potenciando de xeito notorio a innovación e a colaboración entre individuos e comunidades.

Durante a fin de semana poderemos desfrutar da creatividade e o enxeño en formato para todos os públicos. Robótica, mecánica, ciencia, arte urbán, música, electrónica, artesanía ou gastronomía son disciplinas que se darán cita no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia durante tres apaixoantes xornadas.

Programa 4.0

Maker Fair Programa 4.0

Industria 4.0 + O Movemento Maker

Unha das novidades da edición de 2017 será a proposta do venres día 24, adicada ao sector empresarial, onde os asistentes poderán enfocarse en expor a súa oferta de produtos e solución así como tamén ao networking entre empresas. A participación é exclusiva para empresas e é preciso darse de alta previamente no seguinte formulario de rexistro.

 

 

 

 

 

Os días da fin de semana, 25 e 26, o obxectivo voltará ser o público xeral. Este é o programa de actividades.

Programa da Maker Fair Galicia

Programa da Maker Fair Galicia

Futuro

Como obxectivo para este ano, os organizadores buscan dar o salto ao escaparate internacional, para o cal contarán con renomeados expositores de referencia, chegados dende Gran Bretaña e Estados Unidos. Gracias a isto, o evento terá moita máis visibilidade e repercusión, esperando os organizadores que se xeren, de maneira natural, novas oportunidades de mellora e negocio para as empresas e makers participantes. Nas súas propias verbas:

Coa divulgación dos proxectos a través do Movemento Maker, a Galicia Maker Faire, busca que creza a inquedanza por innovar, xerando un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre las distintas xeracións.

Organizadores

Chus Prol, xestora do espacio colaborativo Doutroxeito Coworking, Matilde Rodriguez, creadora do proxecto de xestión cultural O Gato Cósmico, Enrique e Marcos Saavedra, de Vermis Project, compoñen o equipo organizador detrás deste grande e apaixoante evento.

Pin It on Pinterest

Share This