A aplicación para ouvir a radio a través de internet Shortware acaba de anunciar a súa primeira versión estable. Trátase dunha aplicación enmarcada dentro do proxecto GNOME herdeira da vella Gradio, pero escrita de cero na linguaxe Rust.
Con ela, a parte de ouvir a radio por internet, pódese filtrar e procurar estacións de radio na base de datos “Community Radio”, marcalas como favoritas para telas a man e tamén permite o recoñecemento automático da canción que está a soar.

Para máis información, visitar a forxa do proxecto.

Pin It on Pinterest

Share This