A asociación KDE España celebrará a Akademy-es 2021 en liña, do 19 ao 21 de novembro, un evento no que poderemos participar e gozar de forma telemática por segundo ano consecutivo.

Fotografía parcial dos asistentes a Akademy-es 2020 en liña

Unha fin de semana chea de charlas virtuais, relatorios, talleres e eventos sociais a distancia nos que se falará das novidades da Comunidade KDE.

Akademy-es

Akademy-es é o encontro anual de colaboradores e usuarios de KDE en España e con esta chegarase á décimo quinta edición.

Relatorios, presentacións, talleres, conversacións, intercambio de ideas e de cultura libre en xeral, aínda que sexa a través dunha pantalla na comodidade da nosa casa. Durante o evento, como é costume, realizaranse charlas tanto para usuarios como para desenvolvedores, ademais de talleres prácticos e espérase poder ofrecer, outras actividades de carácter máis social.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This