Os vindeiros sábados, 17 e 24 de outubro, a asociación Amigus realizarán dúas charlas de produción e edición de son e vídeo con ferramentas libres. Retransmitiranse por streaming e poderanse seguir por Jitsi ou YouTube.

Charla de introdución ao podcasting con audacity

Nesta charla falarán sobre como está o panorama do podcasting actual e que necesitas para iniciarte neste mundo, tanto desde unha forma low-cost como dunha forma máis profesional.

Aparellos para gravación, software de gravación e edición, plataformas onde aloxar o teu podcast…

Máis información e descarga de Audacity en audacityteam.org.

Charla de introdución á edición de vídeo con Shotcut

Nesta charla falarán sobre como iniciarse no mundo da edición de vídeo, consellos para mellorar as gravación, plataformas onde aloxar os teus vídeos…

Máis información e descarga de Shotcut en shotcut.org.

Streaming das charlas

Poderás seguir as charlas mediante Jitsi ou Youtube. Se queres usar Jitsi deberás rexistrarte no formulario en AmigusLabs.org, para que te envíen antes do inicio da charla a ligazón de acceso á sala. En Jitsi poderás participar dunha forma máis interactiva na charla, mediante o chat ou micro podendo realizar preguntas.

Se queres usar YouTube, publicarán nas redes sociais de Amigus a ligazón para seguilo o mesmo día da charla.

Máis información na web oficial dos eventos

Pin It on Pinterest

Share This