O 24 de novembro de 11 a 13 horas nas Pontes de García Rodríguez terá lugar unha charla arredor da competición con robots velocistas.

A charla titulada “Un repaso xeral á competición de velocistas” está organizada pola asociación Amigus dentro do seu proxecto de FabLab Amigus Labs e na que Rubén Espino (fundador e integrante do equipo de competición Puma Pride) abordará as temáticas relacionadas coa competición dende unha panorámica histórica ata demostracións de robots pasando por conceptos técnicos.

Estas competicións de robótica estanse poñendo de moda entre o mundo maker, xa que é unha boa forma de aprender conceptos de robótica, electrónica e programación dun xeito lúdico. Ademais tamén é unha boa forma de introducirse no mundo do coñecemento libre xa que hai unha morea de proxectos tanto de hardware como de software libre, como por exemplo o proxecto libre Cyclops do que o relator é integrante.

O evento é de balde e para acudir é necesario realizar unha inscrición.

Máis información e inscrición na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This