O sábado 22 de agosto, terá lugar a charla en Amigus Labs de “Control de CNC, o gcode con bCNC” con Álvaro Rey de Maker Gal. Explicará o proceso de creación do ficheiro gcode desde bCNC e envío a CNC.

Control numérico e CNC con bCNC

O control numérico ou control decimal numérico (CN) é un sistema de automatización de máquinas que son operadas mediante comandos programados nun medio de almacenamento, en comparación co mando manual mediante volantes ou pancas.

Unha fresadora CNC, é dicir, unha máquina controlada por computador que é capaz de moldear, gravar, tallar e fresar todo tipo de materiais da forma e tamaño que desexemos. Pódese crear todas as pezas que necesites para os teus proxectos cun só click de rato. Do mesmo xeito que podes facer as túas propias placas PCB ou tallar esculturas 3D.

bCNC permítenos controlar os nosos CNC que funcionen a través de arduino e que usen o firmware grbl. O Grbl é un firmware para o control de maquinas CNC, está pensado para usarse en placas Arduino cun microcontrolador Atmega328, xa que nos permite configurar o control e desprazamento da nosa máquina.

Imparte

Álvaro Rey Rodríguez é graduado en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, pola Universidade da Coruña, especialista en temas de impresión 3D e prototipado rápido e fundador da empresa MakerGal dedicada á fabricación de impresoras 3D e á prestación de servizos de impresión 3D para diferentes colectivos.

Inscrición

A charla é gratuíta, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

Máis información na web do evento

Pin It on Pinterest

Share This