O grupo PHP Coruña comeza unha nova etapa con unha charla este xoves 18 de xullo ás 19:00 horas no Centro Cívico da Cidade Vella situado na Rúa Veeduría nº2.

A charla xirará sobre patróns de deseño con PHP e será impartida por José Ramón Fernandez (Jota). Este tópico trátase dun asunto importante de cara ao desenvolvemento software xa que como en calquera outra enxeñaría, na enxeñaría do software hai certos problemas que seguen un patrón definido para os que xa existen certas solucións sólidas e ben definidas, polo que coñecer e aplicar estes patróns é unha boa práctica a adoptar por parte dos desenvolvedores e demais profesionais do sector do software.

PHP Coruña é unha comunidade que procura poñer en contacto a todos os profesionais e afeccionados ao ecosistema libre PHP co obxectivo de compartir coñecemento e experiencias arredor desta tecnoloxía.

Máis información sobre o evento no meetup do mesmo:  https://www.meetup.com/Php-Coruna/events/263066497/

Pin It on Pinterest

Share This