Cephalocon Barcelona, segunda conferencia internacional sobre Ceph (plataforma de almacenamento programable), reunirá a máis de 800 axentes de todo o mundo, para mostrar a historia de Ceph e o seu futuro, mostrar aplicacións do mundo real e destacar as solucións dos provedores desta tecnoloxía.

Cando
19-20 de maio de 2019.
Onde
Barcelona, España.
Lugar
Fira Barcelona: Av. Joan Carles I, 64 08908 L´Hospitalet de Llobregat Barcelona, España

Ceph_Logo

Características destacadas de Ceph
– Plataforma de almacenamento programable.
– Aberta.
– Gran capacidade de escalabilidade.
– Válida para a infraestrutura e configuración na nube.
– Repositorios multimedia.
– Sistemas de copias de seguridade e restauración.
– Data Lake.
– Distribuída.

Podedes consultar o programa de actividades do Cephalocon Barcelona nesta ligazón.

calendario

No portal de mancomún xa falamos desta solución noutras ocasións, por motivo dos “Encontros sobre Ceph” que tiveron lugar no CDTIC estes anos, e no último encontro tamén tivemos a oportunidade de recoller entrevistas de varios dos relatores para o noso podcast:

mancomun-podcast-logo-recortado

Entrevistas a varios relatores do “II Encontro sobre Ceph” no CDTIC

Máis información:
https://ceph.com/cephalocon/barcelona-2019/

Pin It on Pinterest

Share This