O próximo 10 de abril, en horario de 9.15 a 14.30, terá lugar a sesión demostradora “II Encontro sobre Ceph”, no CDTIC en Santiago de Compostela. Mostrarase a solución Ceph (plataforma de almacenamento programable).
Esta sesión busca achegar ao público asistente á plataforma Ceph desde diferentes perspectivas, vendo os requisitos necesarios para adoptala na organización. Falarase tanto do hardware necesario, arquitecturas de referencia, identificación de provedores locais/nacionais, resolución de dúbidas e presentación de dous casos reais de uso en empresas galegas.
Xornada dirixida a analistas, arquitectos TIC, administradores de sistemas/almacenamento, CIO e, en xeral, ao sector TIC con necesidades de deseño, aprovisionamento software/hardware, implementación, despregue e desenvolvemento de servizos de almacenamento distribuído e escalable.
Características destacadas de Ceph:
- Plataforma de almacenamento programable.
- Aberta.
- Gran capacidade de escalabilidade.
- Válida para a infraestrutura e configuración na nube.
- Repositorios multimedia.
- Sistemas de copias de seguridade e restauración.
- Data Lake.
- Distribuída.
Programa da xornada
9:15 Benvida e recepción. Presentación do CDTIC
9:30 Ceph en containers con Rook para dar almacenamento persistente a Kubernetes / OpenShift. Luis Rico. Senior Solution Architect
10:00 – 10:30 O NVME como entorno base e a evolución á memoria persistente. David Ramirez, SUPERMICRO, Field Application Engineer España e Portugal
10:30 – 11:15 Break
11:15 Introdución a Mellanox e a súa relación con Ceph. Francisco Rodriguez Moure, Socio Fundador de Colabora Ingenieros S.L.
11:30 Conectividade Ethernet End-to-End de Mellanox = Entorno CEPH de altas prestacións. Javier Sánchez Rojas – RSM Iberia
12:00 Leccións aprendidas co uso de Ceph en produción. Camilo Echevarne e Félix Barbeira
12:30 – 13:15 Break
13:15 CEPH, onde non chegan as cabinas de discos. Jesús Blanco (Responsable de Sistemas) e Alejandro Escobar (CEO)
13:45 A nova funcionalidade de zona de arquivo en Ceph/RGW. Javier Muñoz Mellid. Software developer en Igalia e contribuidor upstream de Ceph
14:15 Q/A Debate
14:30 Fin da xornada
Organiza Amtega en colaboración con Red Hat, SUPERMICRO, Colabora Ingenieros, Mellanox, Dinahosting, Aitire e Igalia.
É necesaria a inscrición previa para poder asistir á sesión demostradora.
Máis información e inscrición: https://cdtic.xunta.gal/ceph-ii
