CentOS (clon de Red Hat Enterprise Linux, que ofrecía o mesmo que a súa distribución nai, pero sen custo e cun potente soporte comunitario) acabarase a finais do ano 2021, e pasará a ser unha distribución de tipo rolling release chamada CentOS Stream.

CentOS Stream

CentOS Stream ofrece compilacións baseadas nos paquetes experimentais e non estabilizados xerados para a próxima versión provisional de RHEL, permitindo o acceso temperán ás capacidades de futuras versións de RHEL, pero á conta da perda de estabilidade.

Empresas como Facebook, xa utilizan CentOS Stream na súa infraestrutura. CentOS pasará a ser unha rama de desenvolvemento de RHEL.

Este movemento non gustou a moitos membros da comunidade actual de CentOS. Algúns dos actuais usuaris de CentOS están buscando alternativas. Unha delas pode ser Rocky Linux, proxecto mantido pola comunidade e cuxo obxectivo é o deseño dun sistema operativo de grao empresarial compatible con RHEL.

Rocky Linux, fork de RHEL do fundador de CentOS

O fundador desta distribución, Gregory Kurtzer, deu a coñecer que debido ás discusións sobre a transformación de Red Hat da plataforma estable CentOS nunha distribución de proba continua, anunciou a súa intención de crear unha nova reconstrución de RHEL e convidou a outros desenvolvedores a unirse a esta iniciativa. Gregory rexistrou o dominio rockylinux.org e creou un repositorio en GitHub, para tal fin.

O proxecto proporcionará unha reconstrución de Red Hat Enterprise Linux totalmente compatible, adecuada para o seu uso en proxectos de produción e na empresa.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This