Portada web do Webkit Hackfest

Durante estes días estase a celebrar na cidade de A Coruña a 8ª edición do Web Engines Hackfest 2016, evento que conta cunha importante presencia internacional dos actores máis representativos no panorama da construción de plataformas web. Persoal técnico das compañías e organizacións como Apple, Collabora, Goggle, Huawei, Mozilla e Red Hat participan estes días nun encontro con marcado formato informal onde os asistentes mesturan pequenas charlas e relatorios con traballos intensivos en pequenos grupos, xera un extraordinario trabase de coñecementos entre os asistentes acercando puntos de vista sobre os portings de WebKit, Multimedia, Media Source, Streams API, Layout, MathML, Graphics, Fonts, Servo, Epiphany.
A empresa galega Igalia é a responsable de organizar e empuxar este evento, no que participan ademais Collabora e Mozilla, e que vén acollendo nas súas instalacións dende o seu inicio no ano 2009. A participación no evento é a través de invitación persoal e involucra a personalidades concretas que forman parte da comunidade de desenvolvemento da Web Platform, incluíndo os motores web Blink, WebKit, Gecko e Servo. Todos eles, importantes movementos de Software Libre.

Web Engines Hackfest

Orixinalmente, o evento Web Engines Hackfest adoitábase a chamar WebkitGTK+ Hackfest no seu orixe mais eso cambia a partires do 2009. Na seguinte relación pódese ver como foi evolucionando o proxecto ao longo dos anos: 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.

Pin It on Pinterest

Share This