MakersLugo unirase por cuarto ano consecutivo ás celebracións globais do Arduino Day/Genuino Day realizando un evento aberto e para todos os públicos o sábado 1 de Abril.

Tratarase da cuarta xuntanza a raíz da celebración a nivel mundial, do Arduino Day. Como as anteriores, celebrarase en Lugo e será de acceso libre e aberto a todos os públicos. A axenda, aínda pendente de pecharse completamente, estará repartida entre demostracións de proxectos e obradoiros de Makers que chegarán dende todos os rincóns do noroeste e que converterán Lugo no centro das tecnoloxías libres do noroeste español!

AXENDA

  • Exposicións aberta de 10:30 a 13:30 e 16:30 a 19:00 onde os makers interesados que se acheguen ao evento estarán expoñendo os seus traballos e atendendo calquera pregunta do público asistente.
  • Mesa de cacharreo con mestres que poden axudarche a resolver as dúbidas do púbilco asistente respecto Arduino, impresión 3D ou o mundo maker en xeral.
  • Taller de escornabots onde os participantes terán a opción de montar o seu propio escornabot, que logo poderán levar para a casa. Esta actividade requirirá de inscrición previa cun pago de 42€ para cubrir os custos do material.

Arduino day 2017

Arduino e o Arduino Day

Arduino é unha plataforma de hardware e software libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un contorno de desenvolvemento (IDE), deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares.

Ao ser open-hardware, tanto o seu deseño como a súa distribución é libre. É dicir, pode utilizarse libremente para o desenvolvemento de calquera tipo de proxecto sen adquirir ningunha licenza.

O Arduino Day é a celebración a nivel mundial da festa de aniversario do proxecto Arduino. É un evento de 24 horas que é organizado directamente pola propia comunidade de usuarios de Arduino ou directamente polos propios fundadores do proxecto onde as persoas interesadas en Arduino e Xenuíno reúnense para compartires as súas experiencias e aprender máis.

Ligazóns de interese

Para seguir novidades acerca do envento: http://makerslugo.org/evento/arduino-day-2017/

Para participar: http://makerslugo.org/arduino-day-2017-chamando-a-makers/

Pin It on Pinterest

Share This