Xa se pode consultar de forma aberta o sistema de información xeográfica do Concello de Pontevedra, Catafís.

Catafís é unha plataforma que pretende ofrecer unha visión en perspectiva de toda a información municipal de Pontevedra.

CATAFÍS

A idea é publicar e distribuír toda aquela información de índole pública que posúe o Concello de Pontevedra que sirva de ferramenta esencial para os técnicos municipais. A esta información engádese a proporcionada por terceiras entidades como a Dirección Xeral do Catastro, o Instituto Xeográfico Nacional, Xunta de Galicia, así como outras entidades coma Open Street Map.

A todas estas fontes de datos engándense os distinstos recursos municipais:
– Cartografía municipal [2018]
– Percorrido vehículo con fotografías 360º [2018]
– Ortofoto do vó Xunta de Galicia 2018 sobre o territorio municipal
– Rueiro e numeración oficial municipal
– Información do censo municipal e distribución no territorio
– Estudo peonil (proximamente)
– Extrusión dos volumes dunha parte da cidade en 3D

O desenvolvemento deste portal fíxose utilizando ferramentas de software libre, coa idea de poñer en valor todos os recursos anteriores, adaptándose a todos os requisitos, tanto os internos do concello como ás demais demandas por parte dos axentes implicados.

O portal xurde da necesidade de interpretación dos datos CAD e a súa integración con outros sistemas de información: padrón de habitantes, inventario municipal, … , para elo transformouse a información CAD en XIS a través do uso de distintas ferramentas: QGIS, QCAD, GeoServer, Postgis, PyQGIS, Leaflet. Tentando que a visualización en mapa fixérase dun xeito cómodo e sinxelo tal e como o fan outras solucións que a día de hoxe utilizamos de forma cotiá.

Os distintos visualizadores foron deseñados para ser utilizados nun dispositivo de escritorio coas características necesarias para que as seleccións, procura e cálculos sexan produtivos. Está prevista a súa adaptación a outros dispositivos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This