Coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) este luns e martes, 22 e 23 de maio, realizaranse unhas charlas e obradoiro en tres institutos de Vigo.

Luns 22

Martes 23

  • Pola mañá, no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

A temática das charlas vai ser OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, coñeceran de primeira man as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Tralo remate de cada obradoiro, as rapazas e os rapaces terán a encomenda de ir achegando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Todos os alumnos disporán dun chisco de traballo, xa que se realizará un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante esas dúas semanas consigan ser os que máis achegas fagan a OSM no seu centro.

A organización tamén agradece a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado.

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This