Canonical anunciou a través do seu blogue oficial que se uniu á Academy Software Foundation como Membro Principal. A compañía explica que “esta asociación ten como obxectivo reunir a membros da industria dos medios e o entretemento para mellorar as colaboracións que involucran software de código aberto”.
Academy Software Foundation foi creada por The Linux Foundation en colaboración coa Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de Estados Unidos. O seu obxectivo é “proporcionar un foro neutral para desenvolvedores de software de código aberto na industria cinematográfica e industrias de medios relacionadas co fin de compartir recursos e colaborar en tecnoloxías para a creación de imaxes, efectos visuais, animación e son”.