Canonical e Google anuncian Flutter, framework para aplicacións gráficas

Xoves, 23 Xullo 2020

Canonical anunciou un acordo con Google para levar Flutter (tecnoloxía que permite crear aplicacións gráficas) á Snap Store.

Flutter é un framework para crear aplicacións gráficas que ademais é software libre (licenza BSD) e multiplataforma (Windows, macOS, iOS, Android e Fuchsia).

A xente de Canonical declarou:
“O obxectivo de Google con Flutter sempre foi proporcionar un framework portable para construír bonitas interfaces de usuario que funcionen a velocidades nativas sen importar a que plataformas van dirixidas. Para validar esta capacidade, comezamos centrándonos nas plataformas móbiles, Android e iOS, onde vimos máis de 80.000 aplicacións Flutter rápidas e bonitas publicadas en Google Play.”

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal