Canonical asociouse coa Blender Foundation ofrecendo soporte empresarial de pago para as versións LTS de Blender (aplicación de software libre para o modelado e creación 3D), tanto para a distribución Ubuntu de Canonical, como para Windows, macOS e outras distribucións GNU/Linux.

Mark Shuttleworth, fundador de Canonical, dixo:
“é un privilexio apoiar a Blender e o fantástico traballo desta notable comunidade, os seus fundadores e líderes. O anuncio de hoxe fortalece a Blender con soporte de servizo completo de Canonical e mantemento de seguridade a longo prazo, e ofrece en asociación con Blender Foundation o nivel de garantía que os creadores de contido profesionais de Blender necesitan”.

Ton Roosendaal, presidente da Blender Foundation, comentou:
“a forma en que Canonical estruturou este servizo connosco é exemplar para o movemento de código aberto. Creo que establecerá un novo estándar sobre como os grupos independentes e libres de fabricantes que realmente se preocupan polos seus produtos e usuarios participan no mercado e dan forma ao futuro da industria”.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This