Campaña OpenOffice: "Take the test drive – keep the car!"

Campaña OpenOffice: "Take the test drive – keep the car!"

Keep the car, get openoffice.org “Microsoft ofréceche que probes “online” o futuro aspecto visual do Office 2007 para cando finalmente esté á venda; pero a comunidade de OpenOffice.org invítache a algo mellor:

Descárgate o OpenOffice.org 2 para unha proba, e si che gusta, úsao todo o tempo que queiras..”

Así reza a nova campaña de promoción de OpenOffice.org…..

“Take a test drive, keep the car!”. Este é o nome da nova campaña, e que está relacionado co nome que lle deu Microsoft á súa campaña de promoción do Office: “Take a test drive”.

Dende o anuncio da promoción do OpenOffice.org resaltan algunhas das diferenzas máis importantes entre as dúas suites ofimáticas:

  • “Como MS-Office, OpenOffice.org 2 é unha completa suite ofimática con procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, debuxos e bases de datos.”
  • “Como MS-Office, OpenOffice.org 2 usará correctamente todos os teus documentos existentes en MS-Word, MS-Excel, e MS-Powerpoint”
  • “Ao contrario de MS-Office, OpenOffice.org 2 está libre de cargo por uso para calquera propósito: doméstico, educativo, gubernamental ou comercial”
  • “Ao contrario de MS-Office, o usuario non ten que preocuparse de que poida ser levado a xuizo por non ter unha licenza válida.”
  • “Ao contrario de MS-Office, OpenOffice.org 2 inclúe valiosos extras, como a posibilidade de crear ficheiros pdf”

“Entón, porque perder o tempo probando unha impresión artística dun software, cando podes desfrutar dunha alternativa real“.

Take a test drive – get OpenOffice.org today!

 
Campaña do OpenOffice: http://why.openoffice.org/
 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal