A campaña #1Lib1Ref celebrarase entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro co obxectivo de involucrar á comunidade de bibliotecas, arquivos e outros centros de investigación na verificación de datos en Wikipedia.
Unha das bases da edición na enciclopedia libre é que cada dato escrito e publicado estea contrastado e correctamente referenciado.

A participación é moi sinxela:
– Atopa un artigo que necesite unha cita
– Atopa unha fonte fiable que poida mellorar e apoiar os datos do artigo
– Engade unha cita seguindo o estilo de referencias en Wikipedia
– Engade a etiqueta da campaña #1Lib1Ref
– Comparte a túa edición en redes sociais

Máis información no blogue de Wikimedia España
Imaxe da portada: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Cita_requerida_.sticker.png

Pin It on Pinterest

Share This