A OMIX e a aula CeMIT de Boiro organizan un campamento tecnolóxico en liña para rapaces entre o 6 e o 27 de xullo, de 10.00 a 11.00 horas. Organizado pola Oficina Municipal de Información á Xuventude de Boiro e a aula CeMIT local.

Campamento tecnolóxica en liña

O campamento centrarase en achegar contidos creativos e innovadores á rapazada, entre os que atoparán algunhas ferramentas libres de código aberto para edición de vídeo como son OBS Studio e Openshot.

Tedes máis información sobre estas ferramentas no artigo TIC de Mancomún: Ferramentas multimedia – Solucións para vídeo

Tamén poderán ver outras ferramentas (que non son libres neste caso) para o deseño de cartelería (Canva) e para o traballo con arquivos en liña (Drive).

Idade dos participantes

Destinado a rapaces e rapazas entre 11 e 13 anos.

Inscrición

12 prazas dispoñibles para o campamento. É necesario dispoñer de ordenador con conexión a internet, navegador moderno, micrófono ou auriculares con micrófono e webcam.

Prazo para a inscrición: ata o 23 de xuño, a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, en horario de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou na Sede Electrónica. A listaxe definitiva de admitidos publicarase a través da páxina web do Concello.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This