A Asociación Informática Amigus organiza, en colaboración con CIENCIA KIDS, un campamento de ciencia e tecnoloxía do 26 ao 30 de agosto no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes en horario de 9:00 a 14:00.
Está dirixido a rapaces e rapazas entre 6 a 16 anos.

Descrición das actividades do campamento

No campamento desenvolveranse obradoiros participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos, co obxectivo de proporcionar aos participantes unha base de pensamento lóxico dedutivo, espertar o seu interese pola ciencia e investigación e favorecer así o desenvolvemento da nosa sociedade.

Realizaranse experimentos científicos que todos os participantes poidan levar a cabo, fomentando o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois reflexionar sobre os resultados.


Na actualidade, o impulso de iniciativas STEM converteuse nun dos obxectivos fundamentais da planificación educativa non só de países como Estados Unidos, Reino Unido ou Finlandia, senón tamén do conxunto da Unión Europea e de diversos organismos internacionais.

Nesta experiencia educativa tamén se inclúe o factor ambiental, no cal se analiza a problemática a nivel mundial respecto a contaminación de lixo electrónico, por ese motivo os estudantes constrúen os seus prototipos con materiais de dispositivos electrónicos que se atopan en desuso.

Imparte

STEM Lab CIENCIA KIDS®, proxecto deseñado e executado por Mª Teresa Seijas Ferreiro, titulada en Enxeñería Química, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e que na actualidade exerce a súa profesión como Profesional de Ensino Superior e Divulgadora Científica.

Inscrición

Actividade para rapazas e rapaces entre 6 e 16 anos. A inscrición é obligatoria e ten un prezo de 50 €. Pódese realizar a través do formulario que atoparedes nesta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This