Campamento de Ciencia e Tecnoloxía Amigus Kids Labs

Luns, 18 Xullo 2022
Campamento de Ciencia e Tecnoloxía Amigus Kids Labs

A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración con CIENCIA KIDS® e a Deputación da Coruña, un campamento de ciencia e tecnoloxía do 1 ao 5 de Agosto no Lar de Endesa de As Pontes, en horario de 9:00 a 14:00. Está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos, e ten un prezo de inscrición de 50 €.

Talleres creativos e innovadores, onde se fomenta o traballo en equipo, realizados co máximo rigor científico e pedagóxico pero, sen esquecer o carácter lúdico. Dirixido a estudantes de 6 a 14 anos.

Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos mozos unha base de pensamento lóxico deductivo. Desenvolvendo iniciativas que espertan o interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade.

Actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.

A robótica, do mesmo xeito que outras tecnoloxías, é unha gran ferramenta educativa que, usada adecuadamente, potencia capacidades dos alumnos como a matemática e a tecnolóxica, a capacidade de aprender a aprender, a capacidade no tratamento da información dixital ou iniciativa persoal. Potencia tamén a creatividade e fai aumentar a súa curiosidade e ganas por crear e construír as súas ideas ou solucións aos problemas que se enfrontan.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal