Se queres presentar un relatorio á VII Xornada de Usuarios de R en Galicia, podes facelo antes do 18 de setembro.

Requisitos:
– Deberá empregarse o modelo definido pola organización (dispoñible en formato ODT e en formato TEX).
– Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.
– Os traballos deben enviarse en formato pdf.
– Os ficheiros dos resumos se nomearán da seguinte maneira: “VII_XornadasR_Apelido.pdf”, onde “Apelido” debe ser o da persoa que realice a presentación.

Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión.

Podes enviar o resumo da túa idea a través deste formulario.

VII Xornada de Usuarios de R en Galicia

A xornada terá lugar o 15 de outubro de 2020 e que, por primeira vez e debido á situación derivada da COVID-19, este ano realizarase de xeito virtual cunha transmisión en vivo.

Unha vez finalizada a xornada se publicarán os vídeos de cada un dos relatorios na canle de YouTube das xornadas.

A xornada incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o CIXUG para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This