Ven de anunciarse o lanzamento de Calibre 4.0 (xestor e organizador de libros electrónicos libre), a primeira actualización maior despois de dous anos.

Calibre

Calibre é software de xestión de libros electrónicos, que permite a conversión de numerosos formatos a libros electrónicos.


Calibre é multiplataforma (GNU/Linux, macOS e Microsoft Windows, ademais de contar cunha versión portátil), e é software libre publicado baixo a licenza GPLv3.

As súas características principais son as de:

Xestión de libros

Calibre é principalmente un programa de catalogación e ordenamento de libros electrónicos.
Está deseñado en torno ao concepto de libro lóxico, unha única entrada dun arquivo na base de datos de calibre correspóndese co mesmo libro nunha variedade de formatos distintos.

Ordenamento de libros

Calibre admite o ordenamento dos libros na súa base de datos por diferentes campos: Título, Autor, Data e moitos outros.

Conversión de formatos

Calibre facilita a conversión de numerosos formatos, tanto de entrada como de saída.

Formatos de entrada: ePub, HTML, PDF, RTF, txt, cbc, fb2, lit, MOBI, ODT, prc, pdb, PML, RB; formatos de arquivo de cómic: cbz e cbr.

Formatos de saída: ePub, epub3, fb2, OEB, lit, lrf, pdf, MOBI, pdb, pml, rb.

Sincronización

Calibre admite a sincronización con libros electrónicos (aparellos físicos) como os de Amazon Kindle, Papyre e outros.

Buscador de noticias

Calibre pode ser configurado para que busque, recompile e envíe ao lector de libros automaticamente noticias de diversos sitios web e repositorios RSS presentándoas en formato de libro electrónico.

Novidades que trae a versión 4.0

A novidade máis importante é o novo visor de ebooks (mostrar o texto evitando outras distraccións).


O novo visor comparte código co visor do navegador, (permitirá no seu desenvolvemento engadir soporte para novas funcións).


Outras novidades destacadas:
– Editor de metadatos do contido.


– Engadir ou eliminar libros desde o servidor de contido.


– Interface completa do servidor de contido.
– Motor de renderizado de contido web Qt WebEngine.


– Redúcese o soporte de HTML e CSS, o que limita o uso de estilos avanzados nos comentarios.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This