Durante as xornadas sobre “Transferencia de tecnoloxía en Software Libre para a mellora da competitividade empresarial“, celebradas recentemente en Cáceres e Badaxoz, o director do Centro de Novas Iniciativas da Xunta de Estremadura, Francisco Huertas, manifestou que “hai cinco anos non había nin unha soa firma que utilizase Software Libre en Estremadura e agora son máis de 30, e algunhas delas de gran capacidade.”

Este incremento reflicte as distintas iniciativas que está a desenvolver o goberno estremeño para estender o Software Libre máis alá do ámbito educativo, facilitando a súa incorporación tanto para as PEMEs TIC como para as usuarias de Software Libre.
 
Fonte.-  Región Digital

Pin It on Pinterest

Share This