O vindeiro sábado día 19 de xaneiro, no museo Domus da Coruña ás 11:00 terá lugar un obradoiro de introdución ao retoque fotográfico co software libre GIMP (GNU Image Manipulation Program), está pensado para toda a persoa á que lle guste a fotografía e desexe mellorar as súas instantáneas e coñecer diversas técnicas de retoque e manipulación.

A asociación Bricolabs é a encargada da organización deste obradoiro que terá unha duración de 4 horas e estará impartido por Jorge Lama que nos presentará a ferramenta libre de retoque fotográfico por excelencia, a actividade é gratuíta e tanto para inscribirse como para recibir máis información sobre o mesmo pódese facer vía correo electrónico ao propio Jorge Lama.

Pin It on Pinterest

Share This