Mancomún

Bricolabs anuncia máis obradoiros previos á OSHWDem

Martes, 9 Outubro 2018

A asociación Bricolabs, asinante do convenio de colaboración coa Amtega para a realización de actividades de promoción do Software Libre en Galicia, anuncia os últimos obradoiros previos á OSHWDem.

O primeiro, impartido por Alejandro Taracido é un obradoiro introdutorio ás comunicacións LoRa e LoRaWan, que terá lugar o venres 12 de outubro ás 10:00 horas na Domus de A Coruña, onde se tomará contacto con estas tecnoloxías de xeito práctico e no que tamén se falará sobre a rede aberta mundial “The Things Network” (TTN). Para máis información e inscrición compre visitar a páxina do evento.

O segundo trátase dun obradoiro de experimentos sonoros con electromagnetismo que terá lugar o sábado 27 de outubro ás 11:30 horas na Domus de A Coruña, estará impartido por Mateo Mena e durante o cal se realizará un acercamento práctico a diversos efectos sonoros onde os asistentes aprenderán a construír dispositivos para reproducir, almacenar e transmitir estes efectos. Para máis información e inscrición pódese visitar a páxina web do mesmo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal