Blender 3.3 LTS, solución de creación e renderización de gráficos tridimensionais, foi lanzada. Conta con dous anos de soporte por ser LTS, e destaca por avanzar nas melloras de soporte para o hardware de Intel e AMD.

Novidades: soporte para o backend de oneAP de Intel, habilitación da renderización por GPU para as gráficas Vega de AMD (en Windows e GNU/Linux). A renderización por GPU a través da API Metal de Apple, tamén foi mellorada. Mellora do rendemento do eliminador de ruído de Optix cando se renderiza a través de múltiples gráficas Nvidia.

Reorganización para facilitar o uso das Bibliotecas de Anulación. Melloras no rendemento para LineArt. Rendemento mellorado á hora de importar ficheiros USD, Alembic e OBJ con cantidades masivas de obxectos, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This