Blender 3.2, agora con renderización por hardware AMD

Martes, 14 Xuño 2022
Blender 3.2, agora con renderización por hardware AMD

Blender 3.2 foi publicado, última versión estable da suite libre para a creación de gráficos 3D. Como novidade destacada, conta agora coa posibilidade da renderización con gráficas Radeon de AMD en sistemas GNU/Linux.

Novidades: soporte de renderización por GPU de AMD Radeon en GNU/Linux (require dunha gráfica RDNA de primeira ou segunda xeración, RX 5000 ou RX 6000). O uso da renderización por GPU para AMD Radeon require da versión 22.10 de AMDGPU e de instalar a pila de ROCm pero ofrece un soporte limitado a nivel de distribucións.

Novo tipo de renderizado de Cycles que só contén a iluminación dun subconxunto de fontes de luz. Renderización selectiva de caústicos nas sombras dos obxectos reflectores. Soporte de desenfoque de movemento para as simulacións de gas e os volumes de OpenVDB importados.

Soporte para pintar no modo de esculpir, nodos de deduplicación de elementos. Na realidade virtual engadiuse soporte para os controis do HTC Vive Focus 3.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal